jueves, 5 de febrero de 2015

O TRACTOR



O TRACTOR

Esta historia que os vou narrar ocorreu en Repolo da arriba (Galicia).
Un granxeiro,  nin novo nin vello, nin guapo nin feo, chamado Mr.Pataca estaba a arar o campo co seu tractor, modelo ``Estouquemerompo´´. E de súpeto, o veciño de diante pasa co seu tractor,  modelo ``Riomedotractordoveciño´´. E díxolle:
-Ese trasto… que é Pataca?
-O qué, cotilla?-dixo.
-Esa cousa na que vas subido.
-E o meu súper-tractor.
-Eu máis ben diría… súper-pau con rodas.
-E o teu que é, un papaventos?
-Non, é o tractor que gañou nove carreiras de tractor-racing- dixo todo fachendoso- Aburiño.
O pasar media hora, Pataca volveu a casa é díxolle a súa muller:
-Mañá vou comprar un novo tractor.
-É a min que?
-Nada, muller.
Colleu o seu ordenador é buscou (tractor-racing) clicou nun vídeo e lle dixeron:
-Ten un bo tractor, quere diñeiro, pois participe en tractor-racing, unha carreira de tractores polos campos de trigo é millo, en busca dun millón de euros, unha pita, dous vacas e tres porcos.
Máis información en: www.tractor-racing.com.
Rexístrese.
Pataca  rexistrouse ao instante. E a mañá seguinte, foi ao concesionario.
-Bos días, quero un tractor.
-De cantos cabalos?
-Eu non quero un tractor con cabalos! O quero con gasoil!
-Referíame a velocidade, Señor…
-Pataca.
-Pois iso, Señor Pataca.
-Quero un de doce cabalos!!!
-Vale e…
-Unha pregunta, como metedes os cabalos dentro do tractor?
-É unha expresión.
-Pois vaia expresións que tedes os da cidade …
-De que marca o quere?
-Quero que teña o meu nome.
-Iso son letras, non marcas.
-Pois quero, un campo.
-Haber, non nos compliquemos elixa: Renault ou Peugeot.
-Cal dicías que era o segundo?
-O Peugeot.
-Pois ese xa está.
Co seu novo tractor, chegou o día da carreira.
-Cando pite, saíde- dixo o presentador.
Piiiiii….
Comezou a carreira e os doce tractores saíron.
No primeiro campo todo normal, pero no segundo un tractor adiantou a Pataca, e o que fixo foi coller una pala e pegarlle ao condutor que non puido continuar, o seguinte foi que Pataca rompeulle a dous  tractores o depósito de gasolina, e logo a outros catro lles tirou un montón de esterco a cara.
A outro, vomitoulle encima ao marearse e a outros dous,  disfrazouse de policía e lles puxo unha multa e…
O veciño estaba hai , moi lexos, a dous palmos da meta, e gañou o veciño.
-Xa temos un gañador e é… O veciño.
-Diso nada .
Pataca colleu, o diñeiro e o trofeo dicindo:
-Déixoche os animais.
E foise a súa casa co diñeiro e o tractor viviu feliz. O público, o presentador e o veciño  quedaron hai pasmados.
Xa sabedes a historia de Pataca, e xa se me esquecía, Pataca cortou coa súa muller e… casou co tractor viviron felices é comeron perdices.



FIN


Shadow

No hay comentarios:

Publicar un comentario