O TRACTOR
Esta
historia que os vou narrar ocorreu en Repolo da arriba (Galicia).
Un granxeiro, nin novo nin vello, nin guapo nin feo, chamado
Mr.Pataca estaba a arar o campo co seu tractor, modelo ``Estouquemerompo´´. E de súpeto, o veciño de diante pasa co seu
tractor, modelo ``Riomedotractordoveciño´´. E díxolle:
-Ese trasto… que é
Pataca?
-O qué, cotilla?-dixo.
-Esa cousa na que
vas subido.
-E o meu súper-tractor.
-Eu máis ben diría…
súper-pau con rodas.
-E o teu que é, un papaventos?
-Non, é o tractor
que gañou nove carreiras de tractor-racing- dixo todo fachendoso- Aburiño.
O pasar media hora,
Pataca volveu a casa é díxolle a súa muller:
-Mañá vou comprar
un novo tractor.
-É a min que?
-Nada, muller.
Colleu o seu
ordenador é buscou (tractor-racing) clicou nun vídeo e lle dixeron:
-Ten un bo tractor,
quere diñeiro, pois participe en tractor-racing, unha carreira de tractores
polos campos de trigo é millo, en busca dun millón de euros, unha pita, dous
vacas e tres porcos.
Rexístrese.
Pataca rexistrouse ao instante. E a mañá seguinte,
foi ao concesionario.
-Bos días, quero un
tractor.
-De cantos cabalos?
-Eu non quero un
tractor con cabalos! O quero con gasoil!
-Referíame a
velocidade, Señor…
-Pataca.
-Pois iso, Señor
Pataca.
-Quero un de doce
cabalos!!!
-Vale e…
-Unha pregunta,
como metedes os cabalos dentro do tractor?
-É unha expresión.
-Pois vaia expresións
que tedes os da cidade …
-De que marca o
quere?
-Quero que teña o
meu nome.
-Iso son letras,
non marcas.
-Pois quero, un
campo.
-Haber, non nos compliquemos
elixa: Renault ou Peugeot.
-Cal dicías que era
o segundo?
-O Peugeot.
-Pois ese xa está.
Co seu novo tractor,
chegou o día da carreira.
-Cando pite, saíde-
dixo o presentador.
Piiiiii….
Comezou a carreira
e os doce tractores saíron.
No primeiro campo
todo normal, pero no segundo un tractor adiantou a Pataca, e o que fixo foi
coller una pala e pegarlle ao condutor que non puido continuar, o seguinte foi
que Pataca rompeulle a dous tractores o
depósito de gasolina, e logo a outros catro lles tirou un montón de esterco a
cara.
A outro, vomitoulle
encima ao marearse e a outros dous, disfrazouse de policía e lles puxo unha multa
e…
O veciño estaba hai
, moi lexos, a dous palmos da meta, e gañou o veciño.
-Xa temos un
gañador e é… O veciño.
-Diso nada .
Pataca colleu, o
diñeiro e o trofeo dicindo:
-Déixoche os
animais.
E foise a súa casa
co diñeiro e o tractor viviu feliz. O público, o presentador e o veciño quedaron hai pasmados.
Xa sabedes a
historia de Pataca, e xa se me esquecía, Pataca cortou coa súa muller e… casou
co tractor viviron felices é comeron perdices.
FIN
Shadow